Compostela: Rey Novoa vende El Correo Gallego nunha operación de alto risco

79A9D9D1 13C5 4319 A1E9 8F7B8BAD0F75
79A9D9D1 13C5 4319 A1E9 8F7B8BAD0F75

José Manuel Rey Novoa, primeiro accionista de Editorial Compostela, vende o 60% a Carlos Alfonso García Martín e Carlos Orozco. Os traballadores non saben nada da operación, nin o seu futuro cos novos propietarios.

El Correo Gallego ten xa novos donos. Un 60% de Editorial Compostela, a propietaria do xornal, foron vendidas a dous empresarios, Carlos Orozco e Carlos Alfonsín Martín. Este último, que será o primeiro accionista, xa foi condenado en 2003 por estafa e falsidade documental. A operación é de alto risco e aínda hai moitas cousas por fechar. De feito, podería ter consecuencias para os traballadores e ex traballadores con nóminas pendentes de pago.

As negociacións para vender a cabeceira compostelán non son novas. De feito, adébeda que arrastra desde hai anos, da que xa se informou en Galicia Confidencial en varias ocasións, facía inviable a súa subsistencia sen unha importante inxección económica. As axudas que tiña da Xunta, a través de Xesgalicia — cun préstamo de 2,5 millóns– e das subvencións que recibe das consellerías, así como os cuantiosos avais bancarios de entidades como Abanca, non foron suficientes para manter esta cabeceiraque tivo que vender a súa histórica sede no centro de Santiago e boa parte dos seus activos inmobiliarios.

Segundo informa EC, García Martín e Orozco, ambos os socios, comprométense a asumir a débeda de Editorial Compostela e o pago polo 60% do capital. Unha condicións que elevarían a operación por encima dos 10 millóns de euros. Finalmente, Rey Novoa non se quixo desprender de parte das accións e conservará o 40%, aínda que xa non será o dono da cabeceira. 

Precisamente, as reticencias de Rey Novoa a desprenderse do control da empresa estiveron a punto de facer fracasar a operación como xa aconteceu noutras tentativas que tiveron lugar nos últimos meses. Segundo puido saber GC, Novoa tería tido unha suculenta ofertaliderada polo empresario palestino Ghaleb Jaber Ibrahim que acabou rexeitando porque “pedía seguir controlando o xornal”. Con todo, a grave crise do xornal e, especialmente a crise provocada polaCovid, que agudizou aínda máis as precarias contas de Editorial Compostela, fixeron que Rey Novoa tivera que ceder parte do su poder e da maioría das accións.

O que non trascendeu deste acordo é a situación na que queda o case cento de traballadores do xornal. Segundo puido saber Galicia Confidencial, nin o Comité de Empresa, nin os propios traballadores, foron informados desta compra nin das súas condicións e non saben se haberá novos recortes como os dos últimos anos, que provocaron unha deminución da plantilla que pasou de 300 persoas ás 90 actuais.

QUEN É CARLOS ALFONSO GARCÍA?

Segundo publica Economía Digital, Carlos Alfonso xa foi condenado a catro anos e medio de prisión en 2003 por estafa e falsidade en documento mercantil. A través dun banco ficticio, A.C. Bank. quería proveer de “servizos bancarios a empresas que tiñan problemas ou empresas con ideas que non tiñan financiación”. 

Este empresario, que se fixo con Feca-Neón e que tamén negociou a compra da propietaria de Sanbrandan e de Isidro de la Cal, foi condenado pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña «sendo de especial gravidade o valor do defraudado», segundo a sentenza, e por un delito continuado de falsidade en documento mercantil.

AS DÉBEDAS DE EL CORREO GALLEGO

El Correo Gallego chegou a ter unha débeda de case 15 millóns de euros, cifra que se reduciu a 4,4 millóns nas contas do 2018. Precisamente, en xaneiro dese ano un xulgado de Santiago de Compostela levantaba o embargo de case 2,8 millóns de euros á Editorial Compostela, propiedade do Grupo El Correo Gallego. Unha cantidade que lle reclamaba, vía xudicial, Lico Leasing, un instrumento financeiro das antigas caixas, vendido a un fondo boitre norteamericano, Fortress, que estaba pasando por moitos problemas financeiros.

Editorial Compostela mantiña unha debeda con Lico Leasing polo arrendamento financeiro do centro de impresión e do centro informático de 1,7 millóns de euros, “dos cales 1 millóns de euros están vencidos e non liquidados”, segundo recolle unha audoría do propio grupo mediatico que figura nas contas depositadas no Rexistro Mercantil do 2017.

A pesar de estar as contas embargadas, El Correo Gallego seguiu recibindo cuantiosas axudas da Xunta, tanto de forma directa, como medio de comunicación, como a través de convenios ou de campañas de publicidade. 

Con todo, a maior débeda contraída por Editorial Compostela foi cos bancos, a maior parte con Abanca, que chegou aos 15 millóns, moita dela perdoada. Aos traballadores tamén se lles chegou a adebedar 1,4 millóns e outros 1,2 millóns de débedas con Facenda e Seguridade Social. 

Barcia banner