Miles de persoas, traballadores e familiares de Alcoa San Cibrao e de moitas empresas auxiliares, participaron este mediodía no monumento natural da Praia das Catedrais nunha concentración para reclamar unha solución que permita manter a industria do aluminio na comarca.
Cortaron o acceso dos turistas que se achegaban ao areal baixo o lema «Non só se vive do turismo». A praia das Catedrais é un dos emblemas de Ribadeo e da Mariña, e os traballadores de Alcoa queren con esta acción visibilizar a súa preocupación ante o ERE que a empresa ten plantexado e que ten prvisto rematar o próximo 4 de agosto.