Máis de 1.000 hectáreas queimadas esta fin de semana nos montes de Ourense.

7queimaincendio
7queimaincendio

O incendio forestal que afecta ao concello ourensán de Monterrei quedou estabilizado esta tarde, segundo informou a Consellería de Medio Rural. 

Cunha fronte de máis de 3 quilómetros converteuse no maior incendio deste verán en Galicia. Segundo a última estimación de Medio Rural queimou 720 hectáreas, 270 agrícolas e 50 arboradas o resto foi monte raso.

É o primeiro gran incendio forestal do ano que chegou a a ameazar as vivendas da aldea de A Salgueira. Un amplo despregamento de medios terrestres e aéreos apoiados por 64 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias levan toda a fin de semana loitando contra este lume, unha extinción complicada por mor do vento.

Xa quedaron extinguidos os incendios de Verín e o de Viana do Bolo. En tres días este lumes calcinaron máis de 1.000 hectáreas na provincia de Ourense. Medio Rural apunta a que este incendios foron intencionados e a Policía investiga a súa autoría. 

Barcia banner