Imaxe atípica do Camiño de Santiago. Non hai peregrinos facendo a ruta. Hai medo a contaxiarse. Os poucos que o fan manteñen sen embargo que é a mellor ocasión.
Comentan en Sarria que é un bo momento para facer o Camiño porque hai moi poucos peregrinos facendo o percorrido e as medidas de seguridade son aínda maiores.
Se non fose pola alerta sanitaria o Camiño de Santiago estaría cheo de peregrinos. Os albergues abriron a principios de mes e teñen o seu aforo limitado ao 75 por cento. O certo é que case nunca se enchen.
O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria asegura que outros anos por estas datas había no Camiño preto de dúas mil seiscentas persoas; desta volta apenas dúas centas cincuenta.
Algúns albergues mesmo non chegaron a abrir. Eso si, os que si o fixeron extreman precaucións.
Un peregrino informa de que ao entrar no albergue teñen que se lavar as mans, pisar nunha cubeta e limpan extremadamente a documentación, por eso asegura que non teme contaxiarse.
Estampa moi inusual a do Camiño que ten o seu reflexo nos albergues, case baleiros pero con tódalas medidas de hixiene que garantan unha peregrinación segura.
.