O primeiro falecemento sucedeu a media tarde, un home de 68 anos que tras ser rescatado da auga inconsciente polos socorristas da praia da Xunqueira. Acudiu unha dotación de Urxencias Sanitarias no helicóptero, pero nada puideron facer por salvarlle a vida. Agora, tratan de coñecer as causas do falecemento.
Un par de horas despois, e no mesmo areal, a Axencia Galega de Emerxencias daba conta da morte dunha segunda persoa, unha muller de 70 anos. Sacárona da auga e comezaron a practicarlle a reanimación sen éxito.