281 brotes de coronavirus activos en España.

Test coronavirus en utrera
Test coronavirus en utrera

Nuna discoteca de Valencia declarouse un brote de coronavirus con 11 traballadores contaxiados. A consellería de sanidade comezou o rastrexo das persoas que puideron estar en contacto cos afectados. A mesma situación repetiuse en Peñiscola, con outro brote noutra discoteca que provocou polo momento 60 contaxios. O presidente da Generalitat valenciana fixo un chamamento á responsabilidade individual, ante o “xiro preocupante” que, segundo dixo, está tomando a pandemia

“Non podemos admitir relaxacións, non podemos desatender as recomendacións das autoridades sanitarias e dos expertos, porque quen erra cunha imprudencia estanos facendo errar a todos

O vicepresidente da Comunidade de Madrid, Ignacio Aguado, reclamaba esta mañá máis controis nos aeroportos, ainda que dixo que a situación na comunidade está controlada
“Un dos factores que está afectando é a mobilidade, a chegada de persoas a través de Baraxas e doutros aeroportos españois sen controis eficaces, e iso está aumentando a posibilidade de que haxa novos contaxios.

A localidade de Totana, en Murcia, vive o seu cuarto día de illamento, desde que o xoves volvera á fase 1 debido a un brote nun pub que suma 90 contaxios. A Garda Civil controla os accesos para impedir os desprazamentos que non sexan por unha emerxencia ou por razóns laborais.

Barcia banner