Repuntan os casos activos en Santiago mentres Ourense suma outros 47 

E974867E 7389 4616 9C04 5F6A57AA7366
E974867E 7389 4616 9C04 5F6A57AA7366

Nas últimas 24 horas foron confirmados 200 novos positivos por covid e houbo que lamentar 4 mortes

Galicia sumou nas últimas 24 horas, e segundo a actualización deste mércores da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

200 novos positivos por coronavirus. Deste xeito, o número de casos activos de covid é de 4.068, 51 menos. Deles, 787 son da área da Coruña, 31 menos, 486 da de Lugo, 7 menos, 1.123 da de Ourense, 47 máis, 630 da de Pontevedra, 37 menos, 390 da área de Vigo, 22 menos, 544 da de Santiago, 17 máis, e 108 da de Ferrol, 10 menos.

Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 1 menos185 en unidades de hospitalización, 14 menos, e 3.849 no domicilio, 36 menos. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, 247 máis. No tocante aos falecementos, nas últimas 24 horas contabilizáronse outros 4, ata os 769.

En canto aos casos relacionados con escolas infantís e centros educativos, segundo a Xunta o número de positivos é de 419 en toda Galicia, 6 menos que onte, hai 10 aulas pechadas, 12 menos, e tódolos centros permanecen abertos.

O número de PCR realizadas é de 523.412.

Barcia banner